Estas últimas semanas estou realizando un curso online no CAFI sobre o Deseño de Futuros Espazos de Aprendizaxe Innovadores (Desing FILS). Neste curso estamos abordando estratexias (arquitectónicas e pedagóxicas) para deseñar espazos seguros nos que se implementen as tecnoloxías.
Dentro das estratexias metodolóxicas a que mais me chamou a atención foi a METODOLOXÍA STEAM e por iso esa foi a miña elección para unha das tarefas que nos encomendaron. A continuación comparto con vos unha infografía que recolle de forma breve algúns datos sobre esta estratexia.
Comentarios
Publicar un comentario