Durante este curso en 5º estivemos investigando sobre o Camiño da Prata: buscamos información sobre aspectos de xeografía, gastronomía e cultura; creamos postais; escribimos cartas formais; e tamén lemos novas relacionadas con fazañas de diversos peregrinos.
Segundo foi avanzando o curso os resultados destas investigacións e traballos transformáronse en 3 grandes produtos:
- Un libro viaxeiro con forma de maleta na que o alumnado recolleu toda a información rexistrada acompañándoa de imaxes representativas. No seguinte enlace pódese ver o resultado final: Recordos do Camiño da Prata
- Tamén fixemos o Camiño da Prata a través de carta, coleccionando os cuños do camiño que emprega Correos nas súas oficinas. Para conseguir este reto, escribímoslle a 12 oficinas de Correos situadas na Vía da Prata e pouco a pouco fomos recibindo cartas de resposta cos cuños que lle pediramos.
- Finalmente, tras ler diferentes novas con opinións e entrevistas a peregrinos realizamos un vídeo sobre os valores que transmite o Camiño e que podedes visualizar a continuación.
Bo camiño peregrinos/as.
Comentarios
Publicar un comentario